Coidamos a nosa auga
COXAPO representa a máis de 85.000 consumidores e comunidades de augas, traballando por unha xestión sostible, segura e democrática
Quen somos
COXAPO é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu no 2006 para unir, representar e fortalecer as comunidades de usuarios de auga do rural galego.
A nosa misión é garantir o acceso á auga potable, promover a autoxestión e defender os dereitos das comunidades ante organismos nacionais e europeos.
A través de colaboracións con universidades, proxectos europeos e outras organizacións, traballamos para mellorar a calidade da auga e acadar unha normativa xusta para todos.
Que facemos
Ofrecemos apoio integral ás comunidades de usuarios de auga, cun equipo multidisciplinar que cobre todos os aspectos legais, técnicos, sanitarios e administrativos.
Legalización de comunidades e pozos
Control sanitario e plans de seguridade
Consultoría xurídica e tramitación de subvencións
Formación para directivos das comunidades
O noso impacto
En COXAPO traballamos para defender e fortalecer ás comunidades de usuarios de auga do rural galego.
A nosa misión é garantir un acceso xusto e seguro á auga potable, promovendo a autoxestión, a sustentabilidade e unha normativa que recoñeza o labor esencial destas comunidades para o futuro do noso territorio.
Novidades e actualidade
Mantente informado sobre a lexislación, proxectos e actividades relacionadas coa xestión da auga no rural.
Publicamos o boletín informativo da Conferencia Internacional ACOWAS-EU
COXAPO lanza a súa canle de YouTube para achegar a xestión da auga ao rural galego
Alerta Mosquito Tigre
Precisas axuda ou información?
Se es unha comunidade de usuarios ou tes dúbidas sobre a xestión da auga, estamos para axudarche.



