Publicamos o boletín informativo da Conferencia Internacional ACOWAS-EU

Xa está dispoñible o boletín informativo oficial da Conferencia Internacional ACOWAS-EU, celebrada o pasado mes de setembro no Teatro Principal de Pontevedra e organizada por COXAPO – Asociación das Traídas de Auga de Galicia.

Este documento recolle os principais momentos do encontro, no que participaron máis de 350 persoas, incluíndo representantes de comunidades de auga, universidades, administracións públicas e entidades internacionais procedentes de Austria, Irlanda, Dinamarca, Finlandia e España.

O boletín inclúe:

  • Imaxes destacadas da conferencia e das visitas institucionais.

  • Declaracións de expertos e responsables públicos.

  • Resultados das mesas de traballo organizadas en colaboración coa Universidade de Vigo.

  • Compromisos de cooperación internacional entre as entidades que forman parte de ACOWAS-EU.

📄 Consulta e descarga o boletín

➡️ Descargar Boletín PDF

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio