COXAPO lanza a súa canle de YouTube para achegar a xestión da auga ao rural galego

A Asociación das Traídas de Auga de Galicia (COXAPO) estrea a súa nova canle de YouTube, un espazo pensado para compartir coñecemento, informar e formar ás comunidades de usuarios de auga do rural.

Este novo canal nace co obxectivo de facer máis accesible a información técnica, legal e sanitaria relacionada coa xestión da auga, a través de vídeos didácticos, entrevistas, tutoriais e coberturas de eventos.

Na canle poderás atopar contidos como:

  • Como limpar e manter un pozo.

  • Explicacións sobre normativa e dereitos das comunidades.

  • Resumos de congresos e actividades de COXAPO.

  • Experiencias de comunidades autoxestionadas.

  • Formación para directivos de traídas.

Con esta iniciativa, COXAPO dá un paso máis na súa misión de defender o acceso á auga no rural e poñer en valor o saber das comunidades, facilitando recursos audiovisuais que poderás ver cando e onde queiras.

🔗 Visita a canle

➡️ Ligazón á canle de YouTube de COXAPO

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio