Pontevedra acolle a Conferencia Internacional ACOWAS-EU sobre a xestión comunitaria da auga no rural

O vindeiro 16 de setembro, o Teatro Principal de Pontevedra será o escenario da Conferencia Internacional ACOWAS-EU, un encontro clave para abordar os retos da xestión comunitaria da auga potable en zonas rurais e dispersas.

A cita, organizada por COXAPO – Asociación das Traídas de Auga, reunirá a expertos, representantes de universidades e autoridades de Austria, Irlanda, España, Dinamarca e Finlandia, países que comparten unha realidade común: miles de cidadáns dependen de sistemas de abastecemento autoxestionados para acceder á auga potable.

Estes sistemas, fundamentais no rural, enfróntanse a unha regulación complexa que en moitas ocasións dificulta garantir tanto a potabilidade da auga como o cumprimento normativo. Galicia, ao igual que os países participantes, vive esta realidade de forma especialmente intensa, xa que moitas comunidades non contan con alternativas viables máis aló das traídas veciñais.

A conferencia ofrecerá un espazo de debate e reflexión sobre modelos de autoxestión, normativa, sostibilidade e innovación no abastecemento rural. Ademais, será unha oportunidade para compartir boas prácticas a nivel europeo e reforzar a defensa dun modelo que pon no centro ás comunidades locais.

🗓️ Datas do evento: 15–18 de setembro de 2025
📍 Xornada central: 16 de setembro – Teatro Principal de Pontevedra

Scroll ao inicio