COXAPO estrea nova imaxe corporativa co seu novo logotipo

A Asociación das Traídas de Auga (COXAPO) presenta o seu novo logotipo, un símbolo renovado que representa a fortaleza, a unión e o compromiso de todas as comunidades de auga que forman parte da organización desde a súa fundación.

Este cambio de imaxe coincide cun momento clave para a asociación: a celebración da Conferencia Internacional ACOWAS-EU, un encontro que reúne en Galicia a expertos e representantes de Austria, Irlanda, España, Dinamarca e Finlandia, países que comparten a mesma realidade de xestión comunitaria da auga no rural.

O novo logotipo reflicte visualmente os valores que defende COXAPO:
💧 Colaboración entre comunidades
💧 Defensa da autoxestión
💧 Compromiso coa calidade da auga e o desenvolvemento sostible no rural


Este cambio forma parte dun proceso máis amplo de actualización da identidade da entidade, que inclúe tamén o lanzamento dunha nova páxina web e a consolidación da súa presenza pública a nivel galego, estatal e europeo.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio