Quen somos
A nosa misión
COXAPO é unha organización democrática sen ánimo de lucro que naceu no ano 2006 e se constituíu formalmente en 2008, froito da unión das comunidades de augas do territorio galego.
Representamos a máis de 85.000 consumidores no rural, traballando cada día para garantir o acceso á auga potable e a xestión sostible dos recursos hídricos.
A nosa razón de ser é defender e fortalecer as comunidades de usuarios, recoñecendo o seu coñecemento, experiencia e compromiso coa sustentabilidade.
Loitamos por unha normativa xusta que asegure unha xestión democrática da auga, en liña cos obxectivos de desenvolvemento sustentable da Axenda 2020-2030.
Visión europea
Fundadores de ACOWAS, organización europea de comunidades de auga que defende a autoxestión do recurso desde países como Irlanda, Dinamarca, Finlandia, Austria e Galicia.
Colaboramos con universidades nacionais e internacionais (Vigo, Coruña, Viena, Pisa) e con asociacións doutros continentes como AHJASA en Honduras.
Participamos en proxectos ambientais europeos como Rural Life Supplies, sendo referencia en modelos de tratamento de auga potable recoñecidos pola administración autonómica.
Recoñecementos e impacto
Mediadores e representantes ante organismos oficiais como o Consello Nacional da Auga, Federación de Municipios e entidades de conca.
Influencia en cambios lexislativos e políticas públicas que benefician ás comunidades de usuarios.
Redución do Canon da auga nun 95%, aforrando custos significativos para as traídas do rural.
Obtención de partidas económicas para melloras en sistemas de abastecemento, cun orzamento de 750.000 € no ano 2020 e continuidade prevista nos anos seguintes.
Un camiño que facemos xuntos
En COXAPO cremos no traballo colectivo, na participación democrática e na transparencia. Apostamos por intercambiar coñecementos, compartir experiencias e construír, entre todos, un modelo de xestión da auga máis xusto, sostible e adaptado ás necesidades do rural galego.
