Que facemos

Os nosos servizos

En COXAPO, traballamos día a día para apoiar ás comunidades de usuarios de auga veciñais do rural galego.

O noso obxectivo é garantir que cada persoa dispoña de auga potable na súa vivenda con todas as garantías sanitarias, cumprindo a normativa técnica e legal vixente.

Contamos cun equipo con ampla experiencia no sector, que ofrece unha xestión integral: desde a legalización das traídas ata o mantemento administrativo, técnico e sanitario das mesmas.

Asesoramento legal e administrativo

  • Legalización de comunidades de usuarios e pozos particulares.

  • Renovación de concesións e tramitación de licenzas.

  • Redacción de ordenanzas e regulamentos internos.

  • Consultoría xurídica en materia de augas, incluíndo representación ante organismos e procesos ante o xurado.

  • Tramitación da LOPD para comunidades.

  • Elaboración de contabilidade e reclamación de débedas.

Seguridade e control sanitario da auga

  • Elaboración de informes sanitarios.

  • Desenvolvemento de protocolos e plans de seguridade da auga.

  • Alta e mantemento no SINAC.

  • Control analítico da calidade da auga.

  • Asesoramento ante inspeccións sanitarias e elaboración dos informes correspondentes.

Servizos técnicos especializados

  • Desenvolvemento de proxectos técnicos para instalacións de abastecemento.

  • Auditorías técnicas das traídas e detección de fugas.

  • Tramitación de subvencións ante concellos, Augas de Galicia, Xunta ou Ministerio.

  • Preparación de documentación e xestión en proxectos de mellora das infraestruturas.

Formación e apoio ás comunidades

  • Formación específica para directivos das comunidades de auga.

  • Organización e preparación de asembleas veciñais.

  • Xestión administrativa ante organismos públicos e cos propios comuneros.

  • Acompañamento continuo para mellorar a eficiencia e sustentabilidade da xestión da auga.

Traballo en colaboración

En COXAPO, sabemos que a mellor maneira de protexer o acceso á auga potable no rural é traballar xuntos. Por iso colaboramos con universidades, outras asociacións e organismos europeos, impulsando proxectos innovadores e defendendo a autoxestión desde Galicia ata Europa.

Scroll ao inicio